Que é Vangarda Nazonalista Galega?
Vangarda Nazonalista Galega non é un partido político, nin unha asociazón, nin un organismo. É unha agrupazón, un medio para enfrontar os problemas existenciais que se lles presentan aos galegos no século XXI. Busca reunir á mocidade nazonalista e identitaria e organiza-la para loitar pol-a supervivenza d’os galegos e d’a Galiza. Non se trata en ningún caso de buscar competir electoralmente, senón de xerar un espazo de creazón teórica e cultural, aplicando ditos logros n’o plano político.
A forza d’a minoría
Estamos acostumados, como sociedade, a escoitar constantemente sobr’a forza d’as maiorías, sobr’as masas de votantes, de estudantes ou de revoluzonarios. N’os medios de comunicazón, como n’a rúa, normalizou-se a idea de que só a masa, os agregados de individuos despersonalizados, son capaces de facer política. Nós cremos exactamente o contrario: as masas só son consecuenza d’a política pasiva e d’o dogmatismo. Cremos n’a forza d’as minorías, onde cada quen preserva os seus trazos individuais, os seus talentos e inquedanzas, e aportan con eles á comunidade. Fronte á política en mans de partidos que funcionan como empresas e de organizazóns multitudinarias, Vangarda Nazonalista Galega busca organizar de forma discreta a unha minoría capaz de artellar ideas, difundi-las e adentra-las n’a sociedade.
Vemos, así, unha oportunidade n’a meta-política. Con este concepto, xa popularizado n’a Franza d’a post-guerra, facemos referenza a unha nova forma de facer política: xa non se trata só de gañar eleizóns ou face-la revoluzón de forma direita, senón de conquista-las mentes d’a xente, de facer d’os nosos principios a norma, de expandir discursos e posizóns ate qu’estes teñan efecto n’a realidade e, cando non, mobilizar estas minorías para desenvolver e aplicar ditas ideas.
Que buscamos?
REUNIR a todo-los galegos preocupados pol-a situazón d’a nosa demografía, d’o noso pobo, d’a nosa terra e d’a nosa cultura.
CONCIENZAR ó conxunto d’a sociedade sobre o perigo existencial que supoñen a substituzón demográfica e a aculturazón d’os galegos nativos.
CONSTRUIR un espazo socio-político verdadeiramente galeguista que defenda ó nativo fronte ó falso galeguismo instituzonal, marxista ou posmoderno, e fronte ós sectores de renegados qu’ou ben iñoran ou ben son hostís á identidade galega.
ORGANIZAR á mocidade para mobilizarse contr’os poderes globalistas ou estranxeiros, ós que se subordinan as instituzóns, os principais entes privados interesados en perpetuar a aculturazón e substituzón d’os galegos, os medios de comunicazón e toda-las forzas políticas inseridas n’o sistema electoral español.
AFRONTAR os múltiples problemas causados pol-a constante política de abandono e maltrato d’a Galiza, destacando n’a actualidade os perigos d’o modelo d’imigrazón masiva, a falta de oportunidades económicas, a crise d’a vivenda, o baleiro rural, a xentrificazón urbana, o fin d’a clase media c’o especial empobrecemento d’a mocidade ou a destruzón d’a contorna natural.
FOMENTAR a reconstruzón d’unha sociedade comunitaria galega, sa e equilibrada ant’a crise espiritual, de valores e de identidade que se da máis alá d’o plano político. Isto supón combater o modo de vida superficial, individualista, evasivo e dexenerado que promoven a esquerda posmoderna e a direita socio-liberal.
PARTIR d’unha cosmovisión íntegra europea, galega e de arraigo local fronte ó globalismo e a súa versión hispanista. N’esta cosmovisión é central a defensa d’as bases étnicas europeas, anteriores a calquera Estado ou estrutura política. N’o noso caso, a realidade galega. Isto supón unha visión tribalista, esencialista e concreta, fronte a conceptos abstractos, artificiais e universalistas como a “Humanidade”, a “hispanidade” ou a “nazón cívica”.
RECOLLER a herdanza que nos deixaron os pensadores, artistas e literatos do galeguismo pasado, partindo d’a súa cosmovisión e base teórica, facendo especial énfase n’o legado de autores como Vicente Risco.
REVIVIR a creazón artística, a defensa d’o noso patrimonio cultural e a concienciazón histórica d’o pobo galego. Loitar pol-a verdade fronte a manipulazón ou o esquecemento d’a nosa historia.
CREAR comunidade con base n’os valores tradizonais, n’o amor pol-o noso pobo e pol-a nosa cultura e n’a vontade de sobrevivir ás novas e duras realidades d`’o século XXI.
ARTELLAR unha soluzón realista á situazón de inminente desaparizón que sofren o noso pobo, a nosa cultura e o marco étnico europeo d’o que formamos parte.
ACTUAR politicamente dend’a minoría, con independeza total respecto ó resto de organizazóns e partidos galegos, fronte os movementos de masas promovidos e financiados tanto dend’a direita instituzonal e acomodada como dend’a esquerda de frontes e organizazóns de masas e clase, tan útis para agrupar-se multitudinariamente, pero tan ineficaces á hora de confrontar c’os problemas reais d’os galegos.

A aizón nazonalista
Buscaremo-lo cumprimento de todo-los obxectivos que mencionamos mediante catro aizóns básicas, as cales entendemos necesarias e innegociables para emprender ese camiño a favor d’a resistenza d’a Galiza contra a súa propia disoluzón. Estas son:
I
A creazón teórica, onde os nazonalistas trataremos os temas de actualidade e artellaremos diferentes ideas para comprender o mundo que nos rodea e actuar sobre o mesmo c’o fin de acadar os anteriores obxectivos.
II
O activismo e a comunicazón, para poñer en valor o noso pensamento, a nosa cosmovisión e as nosas pretensións sobre Galiza, buscando a forma de integrar o noso proxecto n’a sociedade, e popularizando o espírito romántico, o amor á terra e o sentimento de comunidade.
III
A organizazón, facendo posible a coordinazón d’os diferentes galegos que compartan as nosas ideas basais, co fin de aumentar a propagazón d’as mesmas e achegarnos ó cumprimento d’os nosos obxectivos.
IV
A práctica e celebrazón d’a nosa cosmovisión e cultura, para dotar á mesma de continuidade, fomentando a vida en comunidade, o aprecio pol-os valores patrios ou o mantemento da tradizón, o primitivo, o romántico, o folclórico e o seu significado.
Esta é a labor que asumimos:
A RECONSTITUZÓN D’O ESPÍRITO GALEGO
