Aceptar a Pátrea galega

N’a poboazón occidental latexa un forte desexo inconsciente de ser eliminada. N’o fondo, esta sociedade decadente recoñece que xa perdeu hai tempo a razón de existir. Non atopan un sentido vital. Pol-o tanto, n’o máis profundo abismo d’o espírito de Occidente hai un impulso irresistible de morte que semella imposible de derrotar pol-as persoas consumidas n’a degradazón d’o pensamento e d’a cosmovisión modernos.

A psique coletiva occidental está impregnada de Apocalipse. Toda a sociedade sente qu’está a chegar, decontado, o colapso: sexa bélico, económico, demográfico ou espiritual. O concepto chave d’o liberalismo trasladado ó seu nivel máis álxido é o suicidio: a máxima liberazón, a “transcendenza” que permite liberar-se de todo e todos. Un modelo universalista e totalitario de destruzón de todo o que é bo, belo e xusto. Autodestruzón é sinónimo de liberalismo, e o “Fin da Historia” liberal consiste n’a disoluzón total de calquera forma: o Baleiro absoluto, a Nada.

Fala-se dende hai décadas d’a decadenza de Occidente, pero debemos comprender que xa se pasou de fase: atopamo-nos n’o tempo d’o colapso definitivo d’a Civilizazón Occidental. Este colapso non é unha cinematográfica escena apocalíptica qu’acontece n’un chascado de dedos, non. Pol-a contra, o fin da-se n’un proceso progresivo de disoluzón que destruirá todo o que poida e que tardará en rematar. Os últimos anos experimentamos certos episodios que non son máis que síntomas materializados d’a pulsión de morte: pandemia, guerras, destruzón demográfica e social… Todos eles non son máis qu’un preludio d’o cataclismo civilizatorio que se aveciña.

A nivel cotián, ve-se a pulsión de morte e o colapso n’o día a día. O mundo posmoderno é o mundo d’a disoluzón, d’a depresión, d’a soidade, d’o sensentido, d’o baleiro e d’o absurdo. Isto plasma-se en toda-las xerazóns de diversas formas, pero especialmente n’a actitude derrotista d’as máis novas: O millenial ou zoomer desesperado e frustrado pol-a impotenza e pol-a incapacidade de controlar a súa vida, que xa só quere deixar de pensar e pasar pol-o mundo en estado de inercia, que xa só quere esquecer-se d’os problemas propios ou alleos, que non lle atopa sentido á existenza. Quere deixar de existir, pero non quere morrer porqu’o instinto máis básico d’o ser humano é a autopreservazón, pol-o que, en troques de buscar a morte, tenta achegar-se inconscientemente ó que máis se lle parece: a evasión.

Impera a adiczón a teléfonos móbiles, drogas, persoas ou series de televisión. Os bares e os festivais enchen-se ate estoupar: aínda que non quedan cartos, estes destinan-se ó considerado imprescindible, a evasión. Hai quen se fai adicto ó traballo para non ter que pensar, e, quen non, utiliza o seu tempo de lecer para “viaxar” pol-o mundo. Incluso mudar-se a un lugar calquera para “descubrir-se”, producindo-se unha constante fuxida de non se sabe ben o que. Aínda que non o entenden, están a fuxir d’eles mesmos. Moitas persoas empapan-se de indiferenza ou depresión. Outras, aínda que perciben que algo falla e non queren sucumbir á pulsión de morte, buscan a súa identidade de forma infrutífera, cedendo ant’a presión social e adaptando-se á masa, ás relazóns tóxicas –sexan de amizade, tribos urbanas ou parella– ou ó dogmatismo ideolóxico e relixioso. Incluso as costumes e formas de vida “tradicional” convertéronse nunha esquizoide obra de teatro artificializada n’a que non queda ningún átomo de autenticidade ou sentido. Chegamos así á sociedade d’os NPC (Non Player Character) sen alma. Individuos atomizados que renunciaron á súa esenza e á vida real en favor d’unha néboa mental constante ou d’un guión de vida artificial escrito pol-as mentes mestras d’a enxeñaría social moderna. Todo o anterior é unha expresión d’a renunza a vivir autenticamente.

A nivel coletivo e civilizazonal, atopamo-nos ante un maremoto de dexenerazón que disolverá ou borrará toda cultura, civilizazón, Estado, pobo, tribo ou persoa que atope. Debemos entender qu’a única alternativa á pulsión de morte é a pulsión de vida. A resistenza activa. Ante a evasión e a adiczón, conexión e autenticidade. Só os pobos arraigados, decididos e activamente resistentes poderán sobrevivir ó caos totalizante d’as próximas décadas. Só as comunidades políticas que reconectan c’o seu Ser profundo, co’a súa orixe e co’a súa herdanza poderán rexeitar estoicamente o proceso de borrado ó que se nos somete. Só existe unha verdadeira identidade supraindividual para cada persoa: a correspondente á d’o papel que ocupa n’a súa comunidade. Fronte ó discurso voluntarista, contractualista e desleigado d’o posmodernismo liberal-progresista, cada persoa debe someterse a un proceso de aceptazón de si mesma e d’o mundo d’o que é parte. N’o noso caso, debemos recoñecer e aceptar qu’a nosa Pátrea é Galiza.

Coñece-te a ti mesmo e coñecerás aos Deuses. N’a comprensión e aceptazón d’a natureza propia e d’o Destino é onde o ser humano se libera realmente. Cada persoa debe recoñecer-se finita e subordinada ó principio superior d’a existenza: chamese-lle Deus, Universo, leis cósmicas ou leis naturais. Cando un se libera de todo-los dogmas e construzóns, decata-se de que hai unha esenza inalterable n’un mesmo. Un comprende que non é unha mónada illada, senón que está conectado co’a contorna inmediata, co’a Natureza e c’o Cosmos. Co’a súa comunidade: a comunidade máis próxima, non unha abstrazón moderna como os Estados-nazón. Isto é a Pátrea: terra, sangue e cultura herdada. A Pátrea é a expresión natural d’o ser social, tribal e político que é o humano. A Pátrea non é só un sistema de significados, senón unha forza viva que distingue un grupo humano d’outro, proporcionando-lle cohesión, continuidade e sentido de pertenza. Debemos pelar toda-las capas de “molde” moderno qu’obstrúen a nosa esenza e comezar a construir dend’a autenticidade.

Galiza foi tremendamente afectada pol-o borrado que supuxo a artificialidade moderna. Entre moitas outras causas, o xacobinismo d’o Estado-nazón moderno por unha banda e o globalismo multiculturalista pol-a outra induxeron un complexo de inferioridade n’os galegos, facendo qu’estes detesten e rexeiten a súa orixe a cambio de transformar-se nun “español moderno” ou n’un cosmopolita. A cambio de encaixar n’o molde moderno. Esta situazón non é nova: xa Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e outros membros d’a Xerazón Nós viviron un proceso de fuxida e busca d’a súa identidade en mundos estraños, lonxe d’a Galiza, para acabar vivindo unha “viaxe do heróe” identitaria que lles fixo retornar e aceptar con afouteza a súa esenza coma galegos. Como Adrián en Arredor de Si, eu tamén vivín esa viaxe, descubrindo Galiza e a min mesmo. Hai quen, ben intencionado, pretende “defender España” ou “defender Occidente” esquecendo a súa orixe, pero ningunha “defensa de España” ou “defensa de Europa” que non implique a defensa de Galiza pol-os galegos chegará a ningures, pois a forma de ser ibérico e europeo é dentro d’a Pátrea galega. Renegar d’a Pátrea d’un é tamén pulsión de morte.

A nosa loita é espiritual, existenzal e civilizatoria. A loita pol-a vida, pol-a autenticidade, pol-a afirmazón d’o noso futuro. Estamos obrigados a elixir entre o confort evasivo de orquestra de Titanic que nos proporciona esta sociedade putrefacta, ou o camiño máis duro –pero o único posible para sobrevivir– de romper con ela e vivir autenticamente aceptando o noso destino. Non sexas un traidor d’a túa herdanza. Aínda que non a queiras recoñecer, sintes a súa chamada dentro de ti, esperando a ser integrada e defendida. Só defendendo Galiza e o legado d’os nosos devanceiros podemos afirmarnos ant’o colapso d’o mundo moderno.

Autor

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio