N’o noso país vivimos n’a abstrazón. Este concepto é algo que levamos deixando claro dende que todos n’os os nazonalistas comezamos a escribir pol-oaberto mundo d’o internet. O certo é que esa abstrazón chega a impregnar todas as capas d’a realidade, facendo que todas as capas d’a sociedade vivan rendindo culto a falsos deuses.
Hoxe, n’a sociedade galega, unha d’as ideas máis arraigadas é un absurdo culto ó demo-liberalismo. A nosa sociedade sinte unha necesidade, case instintiva, de meter un papel n’unha caixa cada catro anos e esperar a qu’ocorran “cousas boas”. Serei tan explícito como xusto: ó demo co’a democracia liberal.
Unha d’as características máis notorias d’o modelo político n’o que vivimos (a democracia liberal) é que está deseñado en base ó inmutable: ningún partido político poderá mudar nada nunca, porqu’as bases fundamentais d’este sistema están defendidas por un escrito sacralizado, elevado á calidade de Deus, chamado constituzón. Parecen replicar a consigna d’ese famoso «autoritario italiano» ó que tanto desprezamos: nada contra a constituzón, nada fóra d’a constituzón, nada sobre a constituzón. Constituzón e máis constituzón. D’esta forma o pobo galego nunca arremeterá contra o sistema inxusto qu’o goberna, porque este está blindado por un libro incuestionable, a carta magna.
Sen embargo, se somos capaces de mirar máis aló, se somos quen de ser indiferentes a esas bases, de cuestionar a lexitimidade d’a mesma constituzón, de preguntar-nos s’a democracia liberal funciona, pronto chegaremos á conclusión de que ser un demócrata liberal e respectar a liberdade profunda d’o home son contradizóns plenamente irreconciliables. O sistema político n’o qu’atopamos hoxe á nosa nazón somete os poderes d’o estado a un conxunto de partidos, que realmente non teñen diferenza algunha entre si porque todos comparten a base ideolóxica, moral e económica que permite a constituzón, impedindo que calquera disidenza política sexa relevante, acudindo ó ostracismo ou, incluso, á ilegalizazón d’as formazóns e d’os discursos n’o mesmo intre n’o que estes comezan as cobrar popularidade. Así, ditos partidos (case idénticos en todo) desputan o poder nunhas elezóns, que non é máis qu’un “rito laico” onde os demócratas acuden en masa a meter papeis n’unha urna como s’iso tivera algún efecto sobre a realidade. O sistema ten todo calculado, ninguén pode xogar á democracia s’incumpre algún d’os dogmas modernos, e así só os convencidos socialdemócratas montan o seu circo, facendo crer á xente que ten o poder, cando realmente son os medios de comunicazón, os debates públicos sesgados e manipulados ou as tramas xudiciais (moitas veces instrumentalizadas) as que fan variar o voto a convenienza d’o interese económico, organizando un perfecto xogo de terrible aparienza democrática.
Aínda con todo, hai quen segue perdido pensando que xogar á democracia é posible, e nada máis lonxe d’a realidade: a democracia liberal non permitirá nunca a súa propia democratizazón. Non podemos xogar á democracia porque non son os galegos os que elixen, senón que estes son víctimas d’unha mafia sociolóxica que xoga c’as súas opinións de forma convinte. Se queren un goberno de esquerdas, calumniarán e difamarán á dereita como as encarnazón d’o demo; se queren un goberno de dereitas, comezarán a saír os farrapos sucios d’a esquerda, e así progresivamente. Son os cartos, o poder monopólico d’as fortunas internacionais os que xogan verdadeiramente á política, pois en derradeira instanza son os que financian a medios de comunicazón, bancos e fondos de investimento. Sen ir máis lonxe, fondos de investimento como BlackRock ou Amber son propietarios de televisións de opinión política tan dispar como LaSexta, Cuatro, Telecinco ou Antena 3, sendo os xestores e propietarios tanto d’o grupo Atresmedia como de MediaSet. Eles poden emitir n’as súas televisións todo tipo de farsas e aldraxes, curiosamente sen enfrontar nunca grandes cargos legais.
D’ese escuro mundo de falsa democracia é imposíbel que exista unha soluzón ó globalismo que sofre Galiza, entre outras cousas, porque é un sistema financiado por globalistas, con obxectivos globalistas e de natureza claramente globalista. A soluzón ós problemas d’os galegos non pode pactar c’o diaño, senón que ten que nacer á marxe de toda pretensión instituzonal.
É un compacto grupo de mozos cuns ideais claros n’o horizonte os que poden artellar unha alternativa cultural e política á dexenerazón moderna, para qu’ante a caída d’a modernidade (que terá lugar de forma inevitable, pois caerá pol-o seu propio peso) poida rexurdir a Galiza vella, mais non unha Galiza pútrida, senón anterga, baseada n’os valores que sempre tivo e a natureza que lle corresponde. Labor é de todos n’os e máis nosa é a responsabilidade de dotar a Galiza dun corpus espiritual, ideal d material, para que cando chegue o día de decidir, o noso pobo poida inclina-la balanza d’o lado d’a tradizón, e non d’a desaparizón total d’a nosa nazón.
Non hai espranza n’a carcomida democracia liberal, pero hai espranza en nós, n’o traballo d’as nosas mans, n’a capacidade de ser libres. É un clamor ineludible: traballar para restaurar o vello mundo, e restaurar o vello mundo en nós!
